1. Que é?
O acrosport é un deporte que combina acrobacia e coreografía. Trátase dunha modalidade deportiva incluída na Federación Internacional de Deportes Acrobáticos (fundada en 1973) e forma parte da Federación Internacional de Ximnasia desde 1999.
No acrosport existen tres elementos fundamentais:
a) Formación de figuras ou pirámides corporais.
b) Acrobacias e elementos de forza, flexibilidade e equilibrios como transicións entre as figuras.
c) Elementos de danza, saltos e piruetas ximnásticas.
2. Onde se practica?
Nun tapiz de 12×12 metros (similar ao de ximnasia rítmica ou artística).
3. Características do exercicio de competición:
O exercicio debe conter elementos acrobáticos e ximnásticos de flexibilidade, equilibrio, saltos e xiros, así como movementos en cooperación entre os compoñentes do grupo realizando figuras e pirámides corporais. En todo momento debe existir harmonía e coordinación nas accións realizadas polo grupo. Valórase a dificultade, a técnica e a dimensión artística da composición.
4. Duración do exercicio:
Varía segundo a categoría, aínda que podemos tomar como referencia dous minutos e medio (2’30”) cunha marxe de máis ou menos 5 segundos.
5. Categorías:
- Parellas: mixtas, femininas e masculinas.
- Tríos femininos.
- Cuartetos masculinos.
- Grupos mixtos (3-6 compoñentes).
6. Roles nunha composición de acrosport:
Os roles son as funcións que caracterizan a cada un dos membros do grupo. Por exemplo, en fútbol temos roles de porteiro, defensa, dianteiro… En balonmán hai roles de central, lateral, extremo… En baloncesto hai roles de base, beirado, escolta, pivote… En béisbol temos roles de bateador, corredor, lanzador… E, da mesma maneira no acrosport existen dous roles básicos: portor e áxil.
a) Portor: son as bases das pirámides e deben soportar ao áxil, para iso deberán manter a maior estabilidade posible. Segundo a figura para executar pode realizar as seguintes accións:
- Posicións de base: actuando como superficie de apoio estática á cal se subirá o áxil.
- Arrancadas: acción na cal o portor alza ao áxil nun movemento explosivo.
- Propulsións: acción na que o portor lanza ao áxil a unha fase aérea.
- Capturas: acción de capturar ao áxil que se atopa en fase de voo sen que chegue a tocar o chan.
b) Áxil: realiza o traballo de axilidade rubindo sobre o portor para adoptar unha postura estable e estética. Segundo a figura para executar pode realizar as seguintes accións:
- Posicións de equilibrio: adopción dunha postura estática sobre o portor.
- Subidas: movemento progresivo no que o áxil varía dunha posición máis baixa a outra máis alta sobre o portor.
- Saltos: accións nas que se produce unha perda de contacto coa superficie de apoio tras a propulsión do portor.
- Recepcións: movemento no que o áxil toma contacto de maneira equilibrada co portor ou co chan despois dun voo.
Naquelas figuras ou pirámides de alta complexidade ou risco aparecen dous novos roles:
c) Axudante: actúa rapidamente cando algún portor ou áxil teña dificultades para manter a pirámide/figura. Tamén pode servir de apoio ao portor para axudarlle a manter a súa postura. Así mesmo, pode servir de apoio ao áxil mentres rube sobre o portor, para axudarlle a adoptar a súa postura ou mantela. Recolle ao áxil en caso de caída.
d) Observador: observa o traballo dos demais e proporciona consellos para mellorar figúra/pirámide.

No hay comentarios:
Publicar un comentario