jueves, 9 de junio de 2022

XXXVIII CAMPIONATO DE GALICIA ESCOLAR DE KUNG-FU

Este sábado 11 de xuño, a partir das 17:30h, celebrarase no Lalín Arena o XXXVIII Campionato de Galicia Escolar de Kung-fu.

Se podedes, acercádevos a coñecer un pouco máis deste deporte e de paso aproveitade para animar a vari@s compañeir@s do cole que van participar no mesmo.

miércoles, 1 de junio de 2022

TRAIL DE VILATUXE

Este sábado 4 de xuño disputarase o Trail de Vilatuxe, proba consistente nunha carreira a pé con saída e chegada na praia fluvial de Vilatuxe. O seu percorrido transcurre pola Serra do Candán.

Se pinchades sobre a foto, podedes acceder a máis información

viernes, 20 de mayo de 2022

RUTA SENDEIRO DO MUÍÑO DE CUÍÑA (primaria)

Boas rapazada de primaria!!! Informarvos que en vindeiras semanas imos realizar unha parte da ruta do "Sendeiro do Muíño de Cuíña". Déixovos información sobre a mesma, así como unhas nocións básicas sobre o sendeirismo.

Se premedes sobre a imaxe, accederedes á ruta. Nós só imos realizar a parte circular do Muíño de Cuíña que son aproximadamente 3,2 km.


Se premedes AQUÍ, accederedes a unha breve explicación sobreo que é o sendeirismo, a súa sinalización e o material necesario.

Ídevos preparando!!! En próximos días dareivos máis información 😉😉

APRENDEMOS O DEPORTE DA ORIENTACIÓN (3º, 4º, 5º e 6º Ed. Primaria)

Quen algunha vez nunca se perdeu?? Na seguinte Unidade que imos traballar, practicaremos o deporte da orientación empregando planos e compás. Déixovos uns vídeos explicativos para que vos vaiades familiarizando co tema. 

lunes, 16 de mayo de 2022

LALÍN BIKE RACE

O domingo 22 de maio celebrarase nos arredores de Lalín, a Lalín Bike Race, unha proba de BTT puntuable para o Campionato de España. Acercádevos ata o percorrido a desfrutar desta proba ciclista.

Pinchade sobre a imaxe para acceder a máis información


viernes, 6 de mayo de 2022

PRACTICAMOS O UNIHOCKEI-FLOORBALL

O seguinte deporte colectivo que practicaremos é o floorball ou tamén chamado unihockei. Podedes visualizar nesta entrada dous vídeos, un deles coas súas regras e o outro no cal se mostran algunhas das modalidades do hockei.

GRAN PREMIO DE ESPAÑA DE ENDURO

Seguimos coas probas de motor que se celebran no noso concello. Este fin de semana dispútase o Mundial de Enduro en Lalín. Se tedes oportunidade, acercádevos ás zonas das probas a desfrutar dos mellores motociclistas desta disciplina.

Se premedes sobre a imaxe, podedes acceder a toda a información necesaria para non perdervos nada.


Tamén vos deixo o enlace á páxina oficial do Campionato. Preme AQUÍ

lunes, 25 de abril de 2022

XOGAMOS AO BÉISBOL 3º, 4º, 5º E 6º

Estes días traballaremos o béisbol en Ed. Física. Para que nos sexa máis divertido e sinxelo xogar, ímoslle facer unhas pequenas adaptacións.

A continuación déixovos unha breve explicación da historia deste deporte colectivo (Pincha AQUÍ), así como un vídeo explicativo das súas regras.

miércoles, 20 de abril de 2022

XXVI RALI DO COCIDO

Este fin de semana celébrase o XXVI Rali do Cocido. As probas levaranse a cabo os días 22 e 23 de abril. Podedes consultar a páxina oficial da organización onde atoparedes os horarios dos tramos, participantes, medidas de seguridade e máis cousas relacionadas co rali.

Pincha sobre o cartel para acceder á páxina da organización

viernes, 8 de abril de 2022

I OPEN INTERNACIONAL COCIDO DE LALÍN DE PETANCA

Nesta Semana Santa, e máis concretamente o domingo 17 de abril, podedes acercarvos ata o Paseo do Pontiñas onde se vai celebrar o I Open Internacional Cocido de Lalín de Petanca. 

Déixovos o seguinte enlace a un xornal onde vos explica un pouquiño sobre o campionato. Pincha AQUÍ

miércoles, 6 de abril de 2022

DÍA INTERNACIONAL DO DEPORTE PARA O DESENVOLVEMENTO E A PAZ

Hoxe, 6 de abril, celébrase o Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz. Dita conmemoración presenta unha oportunidade para recoñecer o papel positivo do deporte e a actividade física nas comunidades e na vida das persoas en todo o mundo.


miércoles, 23 de marzo de 2022

PROPOSTA DE XOGOS PARA O PATIO DIANTEIRO E A CARBALLEIRA

Ola rapazada!!!! Déixovos aquí unhas propostas de xogos para practicar no patio dianteiro e na carballeira co material da caixa. Algúns xa os coñecedes, outros podedes pinchar sobre o xogo para poder ver os vídeos explicativos. Recordade que ao ser xogos tradicionais hai moitas variantes:  

- A BOMBA

- O BRILÉ

- O PANO

- OS BIRLOS 

- AS PEONZAS

       * Como lanzalo

       * Trucos

- FRISBEES

- AS CHAPAS

SALTAR Á COMBA 

- A GOMA

       * Como xogar (Regras básicas)

       * Cancións  (Aquí podedes aprender diferentes cancións)

- AS CANICAS 

        * "El bombardero o ojo" e "bolita y hoyo" 

        * "O Guá"

domingo, 13 de marzo de 2022