sábado, 27 de noviembre de 2021

ATLESCOLA 5º e 6º E.P.


O alumnado de 5º e 6º do CEIP XOAQUÍN LORIGA levamos a cabo actividade de "Atlescola" proposta polo Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, coa finalidade de levar a practica deportiva do atletismo nos propios centros escolares.

Catro modalidades;

• Corre Veloz. • Salta Lonxe. • Lanza Forte. • Supera Obstáculos.

Dividimos ao grupo/clase en  4 equipos mixtos, tratando de equiparar ao máximo o número de integrantes, podedes ver o vídeo: 👇



lunes, 8 de noviembre de 2021

viernes, 5 de noviembre de 2021

Semana do Peón 8-11de novembro

 

Polo San Martiño Peóns ao camiño

O 11 de novembro celebramos o día do peón, buxaina , trompo, vira-vira, etc.  É un xogo tradicional que forma parte do noso patrimonio cultural. Nestes días queremos ver peóns bailando polos camiños, nos patios de recreo do colexio, nos parques, no patio da casa...

No refraneiro popular podemos atopar varios refráns que falan deste xogo. Que indican os meses nos que este xogo é Trending Topic 

Polo San Martiño, trompos ao camiño - 11 de novembro

Polo San Amaro, trompos ao faiado - 15 de xaneiro

Polo San Antón, peóns ao caixón - 17 de xaneiro

Pola Santa Olaia, peóns á borralla - 12 de febreiro

O primeiro é coñecer as partes do PEÓN e como se xoga. A buxaina é un xoguete feito de madeira, que se pode personalizar facilmente, pintándoo ao noso gusto. As partes do peón que debemos coñecer son:

O Ferrón - é o cravo de ferro sobre o que vira/baila o trompo. 

O Pirucho - é a parte de arriba, algúns trompos non a teñen.

A Barriga - é á parte máis ancha do peón

A Capa - Está comprendida entre o pirucho e a barriga.

A Piola - é a corda coa que se envolve o trompo e mide uns 50 cm. 

Toca agora vestir o peón:

No xeito de vestir o peón está, en grande medida, o éxito para que o xoguete baile. Amárrase da maneira máis tensa posible arredor da barriga do trompo e sóltase rapidamente para facelo bailar. Nun estremo da piola adóitase facer un nó corredizo para evitar que escorregue entre os dedos.

Tamén inflúe a forma de tiralo, cada un/nha ten que atopar o seu estilo: dende arriba, coma se o tirases cara o chan, ou paralelo ao chan coma se acendeses un motor dunha motoserra...


Agora ti terás que facelo bailar, poñelo na man, sobre a corda...