Boas de novo. Continuamos coa EF a distancia. Para esta semana temos as seguintes propostas:
De 1º a 6º de Primaria: unha historia de PIRATAS. Se queredes sentirvos auténticos piratas e facer ef coma eles non tedes máis que abrir o enlace e seguir as instrucións que vos da mestra que aparece no vídeo...A duración deste xogo é máis ou menos o dunha sesión de EF no cole. Ánimo!
EF Piratas: https://www.youtube.com/watch?v=2PtHfTLu35o
4º, 5º e 6º de Infantil: un pouquiño de motricidade fina. Podedes usar materiais similares aos do vídeo, os que teñades pola casa a man. Seguro que vos parecen doadas pero nunca está de máis repasar e afianzar.
Motricidade fina: https://www.youtube.com/watch?v=-u8-9rIWWYw
E tamén podedes construir algúns xogos con tapóns de botellas. Excepto o xogo das sumas o resto podedes facelos case todos. Ánimo!
Xogos con tapóns: https://www.youtube.com/watch?v=rHTM_-b0F6E
No hay comentarios:
Publicar un comentario