Que tal? espero que todo ben. Esta semana traemos novas propostas pensadas para que poidades facer fóra da casa xa que xa se pode sair:
En xeral para todas as idades:
1. Bicicleta: case seguro que todos/as tedes bici a pedales ou sen eles, triciclo, motoretas, correpasillos, etc. ou calquer outro vehículo con rodas. Imos aproveitar en calquer espacio cercano á casa, patio, terraza, campo ou praza cercana á casa e podemos montar un recorrido de obstáculos para sortear:
1.1. Zigzag: poñendo como obxectos a sortear pedras, roupa, xoguetes, etc, pasando por entre os obstáculos colocados a 1-2 metros de distancia xirando á esquerda e dereita.
1.2. Facemos o mesmo percorrido con distintos tipos de desprazamentos, andando, correndo, saltando, á pata coxa...
2. Salto á corda: seguro que temos una corda, cordel, cinta, etc, pola casa e podemos facer:
2.1. Infantil e 1º e 2º: con axuda dun adulto, irmán, etc podedes xogar a saltar a serpe (axitando a corda tocando o chan), o reloxo (o que ten a corda xira sobre si mesmo e a corda toca o chan), poñela no chan e facer saltos adiante e atrás, saltos laterais...
o reloxo: https://www.youtube.com/watch?v=czOkYPuqox8
2.2. Os maiores ou os máis atrevidos/as podedes practicar o agarre, saltar cos 2 pés, con 1 á pata coxa, con rebote ou sen él...Lembrade que antes de nada ai que medir a corda pisándoa e non debe subir máis alá do peito, pois se é demasiado longa debemos enrollala nas mans para acortala pois senón é incómoda para pasala por enriba da cabeza. Algo de axuda no enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=mUMKnqOIGWI
3. Xogos coa pelota:
Os máis pequenos: https://www.youtube.com/watch?v=C44UqX_Ho4Y
Para todos/as: https://www.youtube.com/watch?v=QoOkQUtTFno
3.1. Conducir (levala co pé), en liña recta, en zig-zag...
3.2. Lanzamentos e recepcións: lanzar a algúen ou contra una parede e parala cun pé. Lanzar cun pé e despois co outro, parar o balón coa planta do pé (recepcionar o balón). tamén lanzar a un obxecto (puntería)
3.3. Levantar o balón co pé ou botalo coa man e dar toques para arriba cos pés, con un, alternado, con e sen bote..(habilidade co balón).
3.4. Botar cunha man, coa outra, alternativamente esquerda e dereita, coas dúas...
3.5. Lanzar cunha man ou coas dúas hacia arriba e recoller cunha ou coas dúas, antes de que bote, tras un, dous ou tres botes...
4. Xogos con raqueta: con pelota, volante, globo, etc.
4.1. xogo do camarero: https://www.youtube.com/watch?v=LITny0NUN84
4.2. Lanzar ao aire e dar toques: 1-2-3-4-5....etc
4.3. Pases ata que caia se tedes un irmán ou adulto que vos axude
se non tedes raqueta pode facerse incluso coa man...
5. Circuito: con todo o que teñades podedes facer un circuito de habilidades similar aos do cole semellante a este:
1. zigzag bici.
2. salto corda.
3. lanzar pelota co pe/man ao aire e recoller
4. toques coa raqueta/camarero
Ou as combinacións que se vos ocorran.......que os tedes deseñado moi bonitos en educación física no cole!
Para os que non podedes/queredes saír pois aí queda algunha proposta para facer dentro da casa:
Infantil 1º e 2º: https://www.youtube.com/watch?v=BnKIAFebJzo
3º e 4º : https://www.youtube.com/watch?v=T2h3lhkpYbc
5º e 6º: rutina: https://www.youtube.com/watch?v=dhCM0C6GnrY
Para todos/as: https://www.youtube.com/watch?v=nA3pNeMk0_o
No hay comentarios:
Publicar un comentario