¿Que tal todo? Espero que esteades ben e con boa saúde e ánimo vós e as vosas familias. Temos que continuar facendo ef nas nosas casas. A proposta para esta semana é a seguinte:
Para todos os cursos de infantil e primaria: La Oca de Educación Física en casa (para facer en familia). Premede no enlace e podedes ver ou descargar un pdf co tableiro e as probas do xogo.
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros
tic/21003608/helvia/sitio/upload/OCA_EF_EN_CASA.pdf
Tamén vos remomendo estas outras actividades:
Infantil: circuito de psicomotricidade na casa cos recursos que teñades, que lóxicamente non teñen que ser os que aparecen no vídeo do enlace, pero que pode servir para coller ideas para que construades un nos vosos fogares e o poidades pasar ben e practicar un pouquiño co voso corpo. Ánimo!
https://www.youtube.com/watch?v=jueKxKUUh70&t=51s
1º e 2º de Primaria: psicomotricidade. As actividades podedes adaptalas e/ou modificalas en función dos recursos que teñades na casa. como veredes no enlace é cuestión de usar a imaxinación e recordar algunhas cousas aprendidas no cole.
https://www.youtube.com/watch?v=RoaYVddZUCs
3º e 4º de Primaria: creade os vosos propios xogos co material que teñades na casa e a divertirse. Ollade o vídeo para tomar algunas ideas.
https://www.youtube.com/watch?v=82r_VzFmWBc&feature=youtu.be
4º-5º e 6º de Primaria: sesión cardio (para sudar un pouco e quimar calorías). No vídeo podedes ver un quecemento, cada exercicio, cantas veces tedes que facelos, os tempos de descanso e tamén se explica para que serven os exercicios).
https://www.youtube.com/watch?v=PAo-ifpHzOU&t=474s
Coma sempre, podedes tentar facer todos os xogos de todas as idades se vos apetece.
Saúdos
No hay comentarios:
Publicar un comentario